O teu tempo importa, en Eirado facilitamos a xestión da túa empresa
En Eirado sabemos o valioso que é o teu tempo, por iso ofrecemos solucións deseñadas para simplificar a xestión da túa empresa, permitíndoche centrarte no que realmente importa. Axudámoschee a levar o teu negocio de maneira eficiente, con transparencia e control total, mentres impulsamos o seu crecemento a través dun asesoramento profesional e personalizado.
Facilitámosche as cousas para que medres sen complicacións.
- Accesibilidade 24/7: consulta e realiza trámites en calquera lugar e a calquera hora.
- Rapidez e sinxeleza: aforra tempo e recursos coa nosa xestión eficiente.
- Transparencia total: controla a túa empresa con confianza.
- Rede de especialistas: profesionais cualificados ao teu servizo.
Atención personalizada
Asignámosche un asesor persoal que se encargará de ofrecerche soporte adaptado ás necesidades do teu negocio.
Servizos integrais
Axudámosche na constitución da túa sociedade, facilitamos o cambio de asesoría e ofrecemos asesoramento en materia fiscal, laboral e contable, para que todo estea ao día.
Oportunidades de crecemento
Xestionamos axudas e subvencións dispoñibles, asegurándonos de que non perdas ningunha oportunidade para medrar.
Ferramentas eficientes
Inclúe un programa de facturación e contabilidade por só +10 €/mes para optimizar o control do teu negocio.
Empresas
dende 120€/mes
- Asignación dun asesor personal
- Constitución da túa Sociedade
- Axuda e asesoramento no cambio de asesoría
- Asesoramento fiscal
- Asesoramento laboral
- Asesoramento contable
- Xestión de axudas e subvencións
- Programa de facturación e contabilidade +10€/mes